O Centro Cívico Social de Sedes, Narón, acollerá este xoves, entre as 17.00 e as 19.00 horas, a última das xornadas de información e para inscribirse na campaña de compostaxe domiciliaria que está levando a cabo o Concello en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020.
Esta iniciativa diríxese a veciñas e veciños da zona rural e xa se desenvolveu o pasado luns na parroquia do Val, ata donde se desprazaron a alcaldesa, Marián Ferreiro e o edil de Servizos, Iban Santalla, e o martes en San Xiao, donde se materializaron as primeiras inscricións –preto de medio centenar- para participar, tal e como indicou o edil de Servizos.
Nas xornadas informativas que se programaron nos citados centros cívicos sociais da cidade persoal especializado ofrece información sobre a técnica de autocompostaxe e nunha segunda fase entregaránselles aos participantes os medios materiais para levala a cabo. O proceso estará supervisado en todo momento polos técnicos, que se desprazarán ás hortas e xardíns nos que a veciñanza coloque os composteiros para garantir que realizan un uso responsable dos mesmos.
Santalla destacou a importancia de implicarse neste tipo de campañas de concienciación e sensibilización cidadá, “para dar, como neste caso, unha saída aos residuos orgánicos que se xeneran a diario nos fogares evitar que eses residuos vaian a parar actualmente aos contenedores do lixo, á espera de que coa entrada en vigor do novo contrato de recollida de residuos sólidos urbáns se depositen nos contenedores que se instalarán en toda a cidade para a quinta fracción”.