Narón -A alcaldesa e Rafael Pazos visitaron na Estrada as instalación de AXEGA(112)

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, visitou na mañá deste martes xunto co presidente da Agrupación de Protección Civil de Narón e Xefe do SPEIS, Rafael Pazos, as instalacións, na Estrada, da Axencia Galega de Emerxencias AXEGA (112) e as instalacións do Servizo 061. No percorrido, acompañaron a Ferreiro e Pazos o xerente da AXEGA, Marcos Araújo, e o subdirector xeral de Planificación e Protección Civil da Xunta, José Antonio Grandas.

A rexedora local valorou moi positivamente todo o esforzo que se realiza desde
estes servizos durante todo o ano, resaltando o labor desenvolvido desde estes
servizos públicos nas especiais circunstancias nas que se desenvolve a actividade diaria nesta época de crise sanitaria derivada da Covid-19. Ferreiro e Pazos achegaronse ao funcionamento e loxística donde se concentran todas as Emerxencias de Galicia e destacaron a importancia da colaboración entre administracións para que os servizos á cidadanía sexan cada vez máis completos e eficientes.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …