Narón celebra o día 8 o «Día Internacional do Pobo Xitano»

O día 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano para lembrar a súa historia e render homenaxe ás vítimas xitanas do xenocidio nazi, así como das distintas persecucións ao longo dos séculos.

Esta data elixiuse significando o I Congreso Mundial Roma/Xitano, organizado
en Londres o 8 de abril de 1971. No devandito congreso instituíronse a bandeira e o himno xitano. Ademáis, acordouse ratificar o romanó como lingua das persoas xitanas e o termo roma (en romanó, persoa) para referirse aos xitanos e xitanas. Desde hai uns anos, o 8 de abril está a adquirir gran notoriedade, servindo de ocasión para distintas celebracións e comunicacións.

A concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá, Catalina García, informou das actividades propostas aos centros educativos e ás entidades sociais co fin de acercar as contribucións do pobo xitano, a historia e a cultura.

A concelleira animou a participar nesta celebración enviando ao correo
minoriasetnicas@afaferrol.org fotografías de xitanas e xitanos de Narón acompañadas dunha frase como por exemplo: “Espazo libre de racismo”, “Opré Romá!”, “Roma Lives Matter” (en referencia ao tratamento dos medios de comunicación), “Sastipen Thaj Mestipen” (Saúde e Liberdade), “Loita contra o antixitanismo; desmonta os prexuízos”.

O Concello de Narón elaborará un video coas fotografías enviadas que se publicará nas redes durante a semana do 8 de abril co cancelo #Narónencaló

Asi mesmo poderase visitar unha exposición de fotografías de xitanos e xitanas na sala baixa da Biblioteca pública municipal a partir do 8 de abril.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …