Narón-O BNG critica o desleixo do goberno central co Muiño das Aeñas

O patrimoino de Narón é importante para poñer en valor a xente que vivimos aquí” afirma Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón ante a resposta do Ministerio de Transición Ecolóxica na que din claramente que agora non é para eles unha prioridade a adquisición do Muíño. Isto vai en contra do aprobado en 2010, ano no que o PSOE estaba no goberno do Estado, no que aprobaron a catalogación de “interese xeral” do edificio e a súa adquisición.

O BNG de Narón iniciara unha campaña hai meses para a recuperación do inmoble onde limparon voluminosos da ría, reclamaron melloras nas rutas de sendeirismo e fixeron fincapé a través do deputado galego Mon Fernández para que o concello, como administración máis cercana, solucionase a situación do Muíño das Aceñas “preocúpanos o desleixo ou a mera propaganda sen resultados arredor do muíño por iso incidimos nunha resposta por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica despois de que o BNG de Narón nos expuxera os motivos máis que suficientes .

Preocúpanos que o Ministerio non teña como prioridade un muíño que leva tras de si a historia do Ferrol da ilustración e de toda unha comarca. Preocúpanos pero non nos sorprende ante tantas promesas incumpridas con Galiza” declara Néstor Rego, deputado no congreso polo bloque nacionalista galego. 

O BNG denuncia así, un novo desleixo cara Ferrolterra por un PSOE incapaz de dar solucións a unha comarca que precisa de incentivos e investimentos.

Polo muíño das Aceñas pasa o camiño prerrománico de Santo André de Teixido ou o camiño inglés, ademais é unha peza única e unha mostra de arqueoloxía industrial. En Narón na actualidade non contamos con ningún museo sendo a octava poboación deste país e por iso reclamamos solucións e seguiremos ata conseguilas.

Sorpréndenos que gobernando o partido socialista en Narón non esxan quen de conseguir nada pero xa anunciamos que a onde non chegue o concello estará o BNG e hoxe só atopamos unha foto da alcaldesa nunha reunión sen avances porque xa nos responderan desde o goberno do estado. A propaganda non mellora Narón, só os feitos” indica Ledo

 

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …

Un comentario

  1. Miguel de Lidl

    Bo traballo, o bloque si sabe actuar. Que ben o seu voto. Gracias Olalla!