O Esteo despídese da primeira fase da liga asegurando o liderato

Jacobo ante A Estrada Futsal | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala pechou onte a primeira fase da Liga cun importante triunfo 5-3 ante o A Estrada Futsal, equipo co que perdera 5-1 hai 15 días, co cal finaliza a primeira fase líder con 32 puntos, por 30 do Ribeira FS e 28 de O Parrulo B.

Na primeira metade adiantábanse tras un tiro cruzado de Jacobo tras marcharse en velocidade (9´), pero antes do descanso nunha xogada de estratexia empataba Moro, que anotou tras chegar só dende atrás (18´).

No segundo tempo ampliaba o marcador Alberto, que rematou un córner sen deixar caer o balón, que se lle colou por entre as pernas a Yago (28´), e logo era Bruno o que facía o 3-1 ao transformar un penalti cometido sobre el mesmo (32´).

Nuns minutos finais frenéticos, apenas estreaban o porteiro xogador os visitantes que Rubi roubaba o balón e anotaba o 4-1 desde a súa pista, pero Juan Caínzos recurtaba distancias.

Voltaba a anotar desde o seu campo Jhony facendo o 5-2 pero outra vez o xogador ferrolán recurtaba distancias ata o definitivo 5-3 co que se pechou o encontro.

O Esteo pasa á segunda fase líder con 32 puntos acompañado de Ribeira e O Parrulo B, e seguramente se enfronte a Guardo, Unión Arroyo e Universidad de Valladolid.

O Esteo FS: Javichu, Jhony, Héctor, Troncho, Bruno – Jacobo, Rubi, Aitor, Alberto.

A Estrada Futsal: Yago, Pablo, Jorge, Moro, Juan Caínzos – Petetes, Edu, Martín, Sesar, Julio, Manuti.

Goles: 1-0, Jacobo (9´), 1-1, Moro (18´). 2-1, Alberto (28´), 3-1, Bruno, de penalti (32´), 4-1, Rubi (35´), 4-2, Juan Caínzos (36´), 5-2, Jhony (37´), 5-3, Juan Caínzos (38´).

Incidencias. Amarelas a Jacobo, Jhony, Rubi, Alberto, Aitor, Rober Paz, Moro e Yago. Pavillón de A Fraga. Uns 80 espectadores. Minuto de silencio polo falecemento do presidente do Palma Futsal, Miquel Jaume.

Lea también

Miriam Casillas retoma las Series Mundiales en Hamburgo como 35 del ranking

La olímpica del Triatlón Ferrol disputará el sábado 12 la prueba individual y podría ser …