O Concello de Neda adxudica o contrato de conservación, mantemento e mellora das zonas verdes

O Concello de Neda vén de adxudicar o contrato de conservación, mantemento e mellora das zonas verdes e arborado da localidade á empresa Vázquez Garzón por un importe de 35.332 euros, concluíndo así o concurso aberto para a licitación do servizo. Un contrato por un ano prorrogable por 2 máis.

En materia de xardinería, o contrato contempla labores de conservación e mantemento, repoboación e podas. No de conservación e mantemento, a sega de
céspedes, sementeira e resementeira de xardíns, recorte de bordes, de sebes e
arbustos, abonados, entrecavado, rastrillados, limpeza, tratamentos fitosanitarios,
mantemento e reposición de titores, protectores e suxeición de árboles,
conservación de xardineiras, traballos de reposición ou podas, entre outras. Así
mesmo, e respecto á sega, de marzo a outubro, incluídos, establécese unha sega
cada tres semanas e, o resto do ano, unha entre 30 e 45 días. Ademais, en
determinadas zonas que presentan áreas naturais ou naturalizadas, e con
vexetación espontánea, os traballos serán substituídos por labores de desbroce de
dita vexetación, a realizar cada 2 meses.

 

Lea también

Herido un camionero tras caer su vehículo por un terraplén de unos 30 metros en Cabanas (A Coruña)

Un camionero ha resultado herido en la mañana de este jueves tras caer el vehículo …