O Concello de Narón presentou alegacións ao Plan de Transporte Metropolitano

A concelleira de Transportes de Narón, Mar Gómez, informou da remisión dende o Concello esta mañá á Xunta de Galicia das alegacións presentadas ao convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano de Galicia na área de Ferrol. A edil indicou que a alegación consiste na solicitude á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta da exclusión do parágrafo no que se contempla que os concellos participantes “asumen o compromiso expreso de instalación, mantemento e conservación das infraestruturas, marquesinas e postes de parada executadas con base neste ou anteriores convenios para a implantación de sistemas de transporte metropolitano ou subministrados pola Xunta de Galicia”.

Gómez incidiu en que “a administración autonómica debe asumir ese compromiso e non os concellos, porque nos últimos anos, dende o último acordo de 2010, os concellos asumen os gastos de conservación e mantemento de instalacións”. Así mesmo, recalcou ao respecto que “a administración local xa asume os gastos de instalación, conservación e mantemento de marquesinas de transporte escolar en viais municipais do termo municipal, destinando cada ano unha partida económica a este fin, polo que entendemos que no que respecta ao transporte metropolitano estas actuacións debe asumilas economicamente a Xunta de Galicia”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …