En Narón-Se urxe á Xunta a colocación dos xogos infantís da Escola do Val contemplada no proxecto presentado no Concello

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, dirixiu un escrito na mañá deste luns ao responsable da Xefatura territorial de Educación na Coruña, Indalecio Cabana, solicitando a súa intervención para rematar definitivamente a obra que a administración autonómica impulsou na Escola do Val, do CRA de Narón. A Xunta presentou no Concello un proxecto que incluía “o traslado do conxunto de xogos infantís, composto por columpios, xogos de muelle, tobogáns e unha cerca de madeira, incluíndo ese proxecto a colocación de todos estes elementos nunha nova ubicación, que así se orzamentou no proxecto presentado no departamento municipal de Urbanismo”, tal e como recordou Ferreiro.

A rexedora local xa advertiu no pleno do pasado mes de setembro que os traballos non están rematados, á vista de que non se colocaron os xogos do parque infantil da Escola do Val, que continúan apilados nunha zona do recinto escolar. “Ao feito de incumprir o especificado no seu propio proxecto isto supón un grave risco para as nenas e nenos que acuden a ese centro unha vez iniciadas as clases, porque poden sufrir danos se se achegan á zona na que está apilado o material, e tamén lles impide desfrutar dunha serie de xogos cos que contaban antes de executar a Xunta os citados traballos”.

Ferreiro incidiu na importancia de acometer canto antes os traballos pendientes “debido a que na actualidade as clases xa comezaron e as aulas están operativas, polo que é preciso que o alumnado poida tamén facer uso  de zona de xogos, tal e como viña facendo no curso anterior”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …