Un relato histórico sobre Pontedeume gaña o premio «Hoxe escribo en»

«Unha viaxe no tempo por Pontedeume», de Juan Coira Pociña, é o título do relato gañador do premio «Hoxe escribo en», convocado pola área de Turismo e a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Á convocatoria presentáronse máis de corenta obras compostas por un texto literario e fotos.

O historiador e técnico de turismo, Juan Coira Cociña,é o gañador do concurso «Hoxe escribo en» cun relato que se impuxo na votación do xurado composto por persoal técnico da Biblioteca e da área de Turismo, presidido polo vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

O relato arrinca do alto do castelo dos Andrade  cunha conversa entre unha muller chamada Mencía e o seu fillo Eume a partir da que se constrúe unha historia que visita non só os principais monumentos e puntos de interese de Pontedeume a través da súa historia.

O autor, que traballou como técnico de Turismo do Torreón dos Andrade, recibirá como premio unha estadía no parador de Muxía para dúas persoas.

O obxectivo da convocatoria era premiar a creatividade e promocionar os recursos turísticos dos concellos da Coruña. Para participar era preciso redactar un relato e adxuntar tres fotos ambientados ou referido ao concello no que viven que pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.

 

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …