O BNG demanda o adecentamento das zonas verdes do Bertón

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ten que chamar a atención, «unha vez máis«, sobre o preocupante estado do Bertón, «onde as zonas verdes están totalmente abandonadas e cubertas de maleza así como o parque canino«. Desde o BNG teñen que lamentar que, «unha vez máis, está zona da cidade volve a quedar excluída, goberno tras goberno municipal, dos traballos de mantemento e conservación de zonas verdes«.

O BNG lembra que o Concello de Ferrol non ten contrato de limpeza de parques e xardíns desde decembro de 2016, sendo prorrogado en 2017, «pero coa particularidade de que o Bertón estaba fora deste contrato, realizado no seu día polo goberno de José Manuel Rey Varela posteriormente asumido por Ferrol en Común, e agora con Angel Mato à frente segue igual. O último contrato municipal para a conservación desta zona leva meses caducado se que desde o goberno local se teña ningun tipo de previsión de actuar nesta zona«.

Xa durante o mandato pasado o BNG xunto aos veciños e veciñas do Bertón ademais de usuarias do parque canino tiveron que mobilizarse en varias ocasións para esixir que se acometeran as labores de mantemento necesarias tras e que, como acontece na actualidade, o goberno local «segue a esquecerse«.

O BNG considera que» é o momento de rachar coa dinámica actual no Concello de Ferrol que se limita a reproducir o mesmo modelo de externalización de servizos públicos e apostar por facer unha xestión directa deste servizo, que posibilitaría que o Concello de Ferrol podería atender as necesidades de calquera zona do noso concello sen preocuparse se as mesmas estaban incluidas nun prego ou de ter que facer contratos menores«.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

2 comentarios

  1. pacharitaferrolano

    Esto es un problema de SALUD PÚBLICA, señor Alcalde. Por favor, solución ya. Hay niños y mayores por la zona. Le repito Alcalde….SALUD PUBLICA

  2. Manuel Joaquín Rodríguez López

    Es absolutamente necesario