O Concello de Valdoviño suma ioga e bailes latinos á súa oferta deportiva de verán OcioSol

O concelleiro de Deportes de Valdoviño, Sergio Saavedra, informou na mañá deste martes de que o Concello sumará á súa oferta deportiva de verán, OcioSol, dúas novas actividades: ioga e bailes latinos. Así, as persoas interesadas en anotarse poden facelo xa a través do correo electrónico deportes@concellodevaldovino.com ou na casa consistorial -a ficha pode descargarse da web municipal:
http://www.concellodevaldovino.com/?q=gl/node/4194-.

Bailes latinos celebrarase os xoves de 21,30 a 23,30 horas no pavillón do CPI
Atios e a actividade está dirixida a persoas adultas, cun custe mensual de 8,86 euros.

No caso de ioga, haberá dous grupos: un de mañá os luns e mércores de 10,30 a 12 horas e un de tarde, os mesmos días pero de 20,45 a 22,15 horas.
Neste caso, a actividade desenvolverase ao aire libre, alternando A Frouxeira coa
praza da Casa da Cultura, e o custe é de 20 euros ao mes.

Así mesmo, Sergio Saavedra apuntou que aínda quedan prazas libres no resto de
actividades da programación, polo que a inscrición continuará aberta: para nenas
e nenos tenis, atletismo, xogos deportivos e tiro con arco e, para persoas adultas,
ximnasia de mantenemento e tiro con arco.

Lea también

Educación defiende las obras de ampliación del CPI As Mirandas de Ares tras las quejas del ANPA

La Xunta asegura que el centro cuenta con el profesorado necesario y con ratios muy …