O Concello habilita unha web con enlaces a máis de 40 ofertas culturais gratuítas para todos os públicos

Web das ofertas culturais online | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Cultura e Educación, que dirixe Antonio Golpe, vén de publicar na mañá de hoxe na sección de Destacados do portal municipal ferrol.gal de unha relación de máis 40 propostas culturais online e gratuítas dirixidas a todos os públicos co obxectivo de amenizar o confinamento decretado tras declarar o Goberno central o estado de alarma.

A oferta divídese en artes escénicas, concertos, museos, cine, libros e acceso a conferencias. En canto ao primeiro apartado, desde o Concello propóñense plataformas como a de Inaem, que abre á cidadanía a posibilidade de ver obras de teatro, danza, ópera e os últimos espectáculos do Teatro da Zarzuela. Inclúe tamén un acceso ao arquivo de RTVE, onde poden encontrarse obras de teatro clásicas e modernas representadas en Televisión Española e numerosos enlaces a iniciativas privadas abertas ao público, como a da compañía Pentación con Fedra, estreada no Teatro Romano de Mérida, ou Todas las noches y un día, con Carmelo Gómez.

Neste apartado poden encontrarse tamén propostas para o público xuvenil da man das compañías The Cross Border Project e La Joven e por suposto para os pequenos, con representacións como Caperucita, de Tropos o El viaje de Alicia, da compañía da danza Fernando Hurtado.

No apartado de música, desde a concellería de Cultura proponse os concertos do arquivo da Filarmónica de Berlín, que ata o 31 de marzo e a través dun código poden visualizarse de forma gratuíta, e tamén o Cuarentena Fest, entre outros.

Durante o tempo que dure o estado de alarma poden realizarse visitas virtuais e actividades en familia que proceden de salas tanto nacionais —o Museo do Prado, o Macba, o Reina Sofía, o Thyssen-Bornemisza e o Museo Arqueolóxico Nacional— como internacionais, como o Museo de Arte Moderno MOMA de Nueva York ou o Louve de París.

En canto ao cine, a concellería de Cultura do Concello suxire consultar a plataforma Festival Renor Vanguardias, que propón unha película para cada día da semana, achegarse a algúns dos curtametraxes abertos ao público da última edición do Festival de Cine de Gijón e visitar a web eFilm.

Para os amantes da lectura, editoriais como Planeta, Nubico, Anagrama, Roca Editorial o Villegas permiten acceder de forma gratuíta a varios dos seus títulos. Por último, a plataforma TedTalks divulga conferencias de personaxes relevantes sobre diversos temas.

Máis iniciativas nos próximos días

Ademais da ferramenta publicada hoxe na páxina web municipal, desde outras concellerías tamén se está a traballar en moitas outras iniciativas con actividades de ocio no fogar que se poñerán en funcionamento nos próximos días.

O concelleiro de Educación e Cultura explicou que desde o Concello se están a poñer “todos os nosos medios para protexer á cidadanía” e tamén para “acompañala nestes días tan difíciles”. Con estas propostas culturais “buscamos que o seu confinamento sexa máis levadío da man da cultura”.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …