O Concello de Narón mantén o servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns en días alternos, co fin de garantilo atendendo aos turnos establecidos para o plantel pola empresa adxudicataria do mesmo. Dende a entrada en vigor desta medida, detectouse que nalgunhas zonas se rexistrou acumulación de lixo no exterior dos contenedores cando tiñan aínda capacidade no interior, polo que se procederá a deixalos abertos nos vindeiros días para que as veciñas e veciños depositen o lixo dentro dos mesmos e non deixen as bolsas fóra.
“O feito de que algunhas veciñas e veciños depositen o lixo fóra é para evitar tocar os contenedores do lixo e ter contacto cos mesmos, pero temos que incidir en que debido á situación na que nos atopamos todos se limpan cada día, desinfectándoos, para garantir a máxima hixiene e evitar posibles riscos á cidadanía”, indicaron dende Servizos. De modo excepcional, e para evitar que se repitan estas situacións de acumulación de lixo fóra dos contenedores acordouse deixalos abertos “evitando así que se acumule o lixo polas rúas da nosa cidade e a pesar de dispoñer de capacidade suficiente para depositalo no interior dos contenedores”.
Dende o Concello solicítase ás veciñas e veciños que, para evitar a posible acumulación de lixo, teñan presente que a recollida se realiza en días alternos. “Se entre todas e todos temos en conta o día no que se realiza a recollida do lixo, depositándoo atendendo ás xornadas operativas do servizo, tamén contribuiremos a manter máis limpa a nosa cidade e a evitar na medida do posible que se acumule nos contenedores durante os días nos que non se realice o servizo de recollida”, subliñan.
Cómo es posible que digan que limpian los contenedores todos los dias cuando los vacían en días alternos? Acaso los lavan con la basura dentro?
E señora alcaldesa, entendemos que a reducción no servizo vira reflexada na factura, ou non?