Preto de 200 escolares visitaron a exposición sobre Carvalho Calero desde a súa apertura a finais de xaneiro

Centro Cultural Torrente Ballester

Preto de 200 alumnos de varios centros escolares visitaron a exposición “Imaxe de cen anos” desde a súa apertura o pasado 24 de xaneiro no centro cultural Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal). A mostra recolle obxectos da vida persoal e profesional do ferrolán Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, e pode visitarse ata o 31 de maio.

No que vai de ano, 20 estudantes do CPI As Mirandas de Ares, 26 do CEIP Juan de Lángara, 50 do IES Concepción Arenal, 28 do IES Catabois e 67 do IES Concepción Arenal acudiron á mostra, que pode visitarse na sala Bello Piñeiro do Torrente Ballester.

O Concello de Ferrol propúxose conmemorar ao longo deste ano a figura do ilustre veciño, e unha das primeiras accións foi a inauguración da exposición, que recolle máis de 30 primeiras edicións do autor, varios dos seus obxectos da súa vida persoal e académica tales como un dos seus reloxos, o seu bastón orixinal, o seu calzador, as súas medallas de cátedra e a de membro da Real Academia Galega, o seu barrete e tamén numerosas placas de recoñecemento a súa figura. Tamén pasaron pola exposición profesionais da docencia. A finais do mes de febreiro celebrouse un roteiro organizado polo Centro de Formación do Profesorado ao que acudiron 52 profesores. “Imaxe de cen anos” pode visitarse de martes a sábado de 11 a 14h e de 17 a 21h. Domingos e festivos de 11 a 14h. Para grupos é necesaria previa inscrición en tecnicaeducacion@ferrol.es.

Coordinación na posta en valor do autor

O Concello de Ferrol está a manter reunións con asociacións culturais e veciñais de Ferrol para coordinar e poñer en común os actos previstos con motivo do Día das Letras Galegas. A concelleira de Economía, Facenda e Promoción Económica, María Teresa Deus, e o de Cultura e Educación, Antonio Golpe, mantiveron varios encontros para colaborar conxuntamente coas entidades da cidade no desenvolvemento das actividades ao redor de Carvalho Calero.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …