O Concello ampliará o horario de terrazas durante as vacacións

Co fin de dinamizar a actividade dos establecementos hostaleiros e a economía da cidade, o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, vén de firmar un decreto para ampliar o horario de apertura de terrazas. En virtude desta resolución, nos períodos de vacacións escolares de Nadal e Semana Santa, así como nos meses de xullo, agosto e setembro, incrementarase ata as 2.00 horas. Tamén as vésperas de festivos, ben sexan de carácter local, autonómico ou estatal. A única restricción será que a apertura da terraza non poderá superar o horario que o establecemento teña permitido pola súa actividade.

O resto do ano, o peche queda establecido para as 0.00 horas con carácter xeral, pero os sábados e os domingos manterase ata as 2.00 horas. Esta medida xa estará en vigor ao inicio das festas de Nadal.

Situación previa

Ata o momento, víñanse ditando sucesivos decretos para modificar os horarios que figuraban na ordenanza reguladora, co fin de permitir a ampliación do tempo de apertura de terrazas durante as vacacións. Agora, unifícanse estes horarios para todos eses períodos vacacionais e de festas, o que evita que o sector permaneza á espera de continuos decretos.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …