O alcalde entregoulle a Cáritas o Premio Solidario Cidade de Ferrol

Foto de familia do Premio Solidario | Concello de Ferrol

O salón de recepcións do pazo municipal acolleu esta mañá o acto de entrega do Premio Solidario Cidade de Ferrol 2019. Nesta decimosegunda edición presentaron proxectos Teima Ferrol, Fundación Hospital de Caridad, Asotrame, ASCM, Sogaps, Acción Familiar, Cáritas, Secretariado Gitano, Párkinson Ferrol, Cogami, AECC, Aspace, Asfedro, Fundación Autismo Coruña, Banco de Alimentos e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. Durante a súa intervención, a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, agradeceulles a todas elas a súa participación e comprometeuse a “darlle pulo” ao premio coa incorporación dunha nova categoría para a próxima edición.

O alcalde, Ángel Mato, destacou, pola súa banda, o valor da solidariedade como mostra de “aquelo que somos capaces de construír entre todos e todas”. Expresou o seu “máis sincero agradecemento” a todas as entidades polo traballo que desenvolven en Ferrol e avanzou que a actual corporación municipal “non vai ser menos” que outras anteriores á hora de mostrarlles o seu apoio, xa que, dixo, cobren un espazo ao que as Administracións non sempre son quen de chegar. En canto ao proxecto que este ano se fixo co galardón, o programa Dentro-Fóra, de Cáritas Diocesana Mondoñedo Ferrol, puxo de relevo que ten o especial valor de combater a “invisibilidade” das persoas sen fogar.

O propio rexedor encargouse de entregar o galardón, un cheque de 5.000 euros que servirá para contribuír á labor que a organización desenvolve, e que recolleu Ángeles Fernández, usuaria do programa de Cáritas para persoas sen fogar.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …