O Concello de Narón ofrece aos comercios locais etiquetas adhesivas en galego para colocar nos envoltorios do Nadal

O Concello de Narón pon un ano máis a disposición dos establecementos comerciais da cidade etiquetas adhesivas escritas en galego para colocar nos envoltorios dos agasallos que merque a clientela nestas datas de Nadal. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que a iniciativa realízase coincidindo coa campaña municipal “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” e en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística. As etiquetas adhesivas, tal e como explicou a edil, poden solicitarse, así como asesoramento lingüístico ou formación para empregar nos seus negocios, a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón, no quinto andar do Concello, a través do correo electrónico a.pita@naron.es ou chamando ao número de teléfono: 981 337 700 (extensión 1516).

As etiquetas adhesivas entréganse de modo gratuíto e teñen diferentes lemas, como “Cos meus mellores desexos”, “Parabéns”, “Quérote”, entre outros.

“A finalidade desta iniciativa, que levamos a cabo dende o ano 2016, é animar ao pequeno comercio da cidade a empregar a nosa lingua na atención ao público e tamén a través da publicidade, cartelería, rótulos, redes sociais… a modo de valor engadido á calidade, proximidade e autenticidade dos pequenos establecementos comerciais de Narón”, subliñou Taibo.

Lea también

Los bomberos de Narón sofocaron un incendio en una vivienda de la calle San Benigno

Los bomberos de Narón realizaron una intervención cerca de las diez de la noche de …

Un comentario

  1. Isto e un auténtico cachondeo.