O pleno aproba a proposta de participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS 2020

O pleno extraordinario celebrado esta mañá aprobou cos votos a favor dos grupos do PSOE, PP e FeC (20) e a abstención do BNG (2) o punto 2, en relación á proposta de aceptación polo Concello de Ferrol das condicións e prescricións formuladas pola Dirección Xeral e Sotenibilidade da Costa e do Mar do Ministerio para a Transición Ecolóxica polas que podería outorgarse a concesión de ocupación dunha superficie de 2.144,20 metros cadrados de superficie de dominio público marítimo-terrestre con fin de que se destinen ás obras adscritas ao proxecto de saneamento da Malata.

O punto 3, a proposta de aprobación da participación do Concello de Ferrol no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS 2020 da Deputación da Coruña, foi aprobado cos votos a favor dos grupos do PSOE e FeC (11) e a abstención do BNG e PP (11). O orzamento total, de 339.544,85 euros, inclúe 274.659,19 da achega do 2020 e 64.885,66 da do 2019.

No apartado de inversións na achega do ano 2020, inclúense as obras de aglomerado de subida da Regueira, camiño do Pincho e camiño de Coto-Pena da Cancela-As Malvas (31.868,98 euros); as de aglomerado dos camiños do Castro-A Fonte, da subida da Fonte e da Escola (41.336,69); e o aglomerado da estrada Papoi-Mandiá (201.453,52). Respecto á achega provincial 2019, inclúense o aglomerado nos camiños do Buil e da Cruz e na rúa das Lousas (59.982,70 euros). Por outra banda, 4.902,96 euros destinaranse a financiamento do pago a provedores.

No punto 3 inclúese tamén a proposta de aprobación do Plan Complementario do 2020, no que se inclúen varios investimentos financeiramente sostibles (cun mínimo do 50 % do total de achega e préstamo provincial asignado). Son a reparación e substitución do espazo pechado pola galería grande na Asociación de Veciños da Graña (109.839,23 euros), os traballo de aglomerado na avenida de Esteiro (243.982,16), o aglomerado na estada da Coba (119.258,14) e melloras na seguridade peonil na avenida de Vigo (108.756,78). En total, 581.836, 31 euros.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …