Un total de 580 nenos recibirán as axudas do Concello pola campaña “Agasallos Nadal 2019”

A partir de mañá, mércores, poden retirarse no Edificio Social as axudas concedidas polo Concello de Ferrol a través da campaña “Agasallos Nadal 2019” a un total de 580 nenos. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, informou de que os vales, de 50 euros por pequeno, poden recollerse en horario de atención ao público, de 9 a 14 horas.

Trátase dunha iniciativa municipal cuxa finalidade é que os menores de ata 16 anos das familias máis desfavorecidas do municipio teñan un agasallo polo Nadal e así contribuír a fomentar a igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias que, nestes momentos, teñen unha precaria situación económica.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …