O Concello de Ferrol, a través da concellería d Igualdade e Muller, que dirixe Cristina Prados, ten preparado no Teatro Jofre para o próximo mércores, 18 de decembro, ás 19.30 horas, un encontro coa escritora e filósofa Amelia Valcárcel.
Trátase dunha das figuras máis importantes da historia do feminismo en España e catedrática de Filosofía Moral e Política na UNED. É, ademais, conselleira de Estado desde o ano 2006, vicepresidenta do Real Padroado do Museo do Prado, vocal do Real Padroado da Biblioteca Nacional, Doutora Honoris Causa por tres universidades de España e México, Medalla de Prata do Principado de Asturias e autora de máis de 200 publicacións entre libros e artigos.
O acceso ao encontro con Amelia Valcárcel é gratuíto e as entradas xa poden retirarse na taquilla do Teatro Jofre en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas os días 12, 13, 14, 17 e 18 de decembro. Entregaranse dúas por persoa. Ao finalizar o acto, a escritora asinará exemplares do seu libro “Ahora, Feminismo”.
Será recibida polo alcalde e a concelleira de Igualdade
Antes da charla, Valcárcel será recibida no Concello de Ferrol polo alcalde, Ángel Mato, a concelleira de Igualdade, Cristina Prados, e membros da corporación municipal.
Aunque sea una persona tan renombrada el Ayuntamiento pague y organiza una actividad para que para que esta señora vende su libro. No estaría mal que lo hiciera con la mayoría de los escritores de Ferrolterra