Comeza a formación a máis de 20 axentes implicados na loita contra a violencia de xénero para a constitución da Mesa

Instante da sesión formativa | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, vai constituír a principios do próximo ano a que será a primeira Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, cuxo obxectivo é facilitar a distribución dos recursos e axentes implicados na prevención e tratamento das situacións de violencia de xénero no municipio.

Para preparar aos integrantes do novo órgano, o Concello iniciou esta mañá un programa formativo no Antigo Hospicio, que rematará o próximo 19 de decembro, e ao que acudiron, ademais de Prados, os concelleiros de Seguridade, Germán Costoya; de Emprego, María Teresa Deus; de Benestar Social, Eva Martínez, representantes da Federación de ANPAS, Policía Local, Cáritas, Casa de Acollida do Concello, do ámbito xurídico, membros das asociacións Almat, Alvixe, Cruz Vermella e persoal municipal das concellerías de Muller e Igualdade, Seguridade, Emprego, Benestar Social e Deportes. Tamén estiveron presentes representantes dos grupos políticos da oposición.

En total, máis de 20 persoas acudiron ao programa de formación solicitado pola concellería de Muller á Secretaría Xeral de Igualdade no mes de outubro. Trátase “dun paso máis na loita contra a violencia contra a muller”, lembrou a concelleira Cristina Prados, quen insistiu en que “neste asunto é moi importante o traballo coordinado entre axentes sociais e administracións”.

Lea también

El Foro Cidadán polo Ferrocarril logra el compromiso de una reunión con el secretario de Estado de Transportes

El Foro Cidadán Polo Ferrocarril, en una rueda de prensa celebrada este martes en el …