O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol urxe à Deputación da Coruña e ao Concello de Ferrol a desenvolver os traballos de urbanización para dotar de beirarrúas o víal DP 3604, popularmente coñecido como estrada de San Pedro. Unhas obras que levan aprobadas desde o ano 2015 «pero que non se queren executar«.
O BNG lembra que o proxecto xa está aprobado e non existe ningún impedimento para poder executalo. A Deputación da Coruña quen ten a titularidade do víal ten todos os trámites resoltos «polo que non se entende que siga demorando o inicio destes traballos, unha obra amplamente demandada polos veciños e veciñas da zona«.
O BNG indica que esta estrada é zona de paso para colexios, o complexo hospitalario, o cemiterio e unha importante área comercial conta cunha importante densidade de tráfico mentres os e as peóns atopanse totalmente desprotexidos. Estes traballos foron amplamente demandados pola veciñanza da zona que, xunto co BNG, desenvolveu unha serie de mobilizacións para reclamar estes traballos que tiveron como consecuencia a aprobación, por parte da Deputación, das partidas económicas para financiar esta obra, a aprobación do proxecto, a execución das expropiacións necesarias etc.
Para o BNG resulta «unha temeridade que estes traballos nos se executen e non se dote de beirarrúas a esta estrada, e se poidan chegar a perder os fondos previstos para a mesma. Non existe ningún impedimento para iniciar as obras e as vagas escusas aportadas polo goberno local non se sosteñen«.
O BNG sinala que estas obras están adxudicadas desde principios do ano de 2018 por algo máis de medio millón de euros e contaban cun prazo de execución de 4 meses. En febreiro de 2019 publicouse unha aprobación da modificación do proxecto «e case un ano despois estes traballos seguen sen comezar«.
O BNG considera que se o actual goberno local «pretende facer algunha modificación tivo tempo suficiente desde xuño deste ano polo que desde o BNG esixímoslle ao PSOE, tanto na Deputación, como no Concello, que non demoren máis unha obra que os veciños e veciñas de Ferrol levan anos agardando«.
O BNG cre que resulta «intolerábel a dilación destas obras por parte da Deputación, igual que a pasividade do goberno local diante deste retraso«.
toda la zona de catabois esta en esas condiciones, sin aceras y con las fincas selvaticas que llegan a los caminos. Para cuando una intervención con parcelación, edificación y apertura de nuevas calles con aparcamientos. Es una zona que crece y mucho pero sin comodidades