A Policía local de Ferrol desenvolveu entre os días 18 e 30 de novembro unha campaña de seguridade vial destinada ao control da indisciplina no estacionamento de vehículos. A iniciativa levouse a cabo en dúas fases, unha inicial e preventiva, coa presenza dos axentes policiais na aquelas rúas con maior incidencias deste tipo, e unha segunda fase na que se denunciaron aos vehículos estacionados de forma irregular.
Nos 13 días que durou a campaña, a Policía Local formulou un total de 197 denuncias: 50 por estacionar en carga e descarga (25 %), 34 por facelo na beirarrúa (17 %); 31 no carril de circulación (16 %); 20 por deter o vehículo en sentido contrario (10 %); 13 en paradas de bus o taxi (6 %) e outras 13 en vao permanente (6 %); 11 por no respectar a sinalización horizontal o vertical (5,6 %); 10 denuncias a conductores que estacionaron en zonas reservadas (5 %); 6 por facelo en pasos de peóns (3 %); 4 en zona de intersección (2 %); 2 en dobre fila (1 %), outras 2 en prazas de mobilidade reducida (1 %) e unha por estacionar en zona peonil (0,5 %).
Empezar a multar y que la gente empiece a comportarse como si Ferrol fuese una verdadera ciudad.
Mayor presencia policial en el centro de nuestra Ciudad.