Unhas 2.400 persoas pasaron por Festea, o festival infantil gratuíto de teatro do Concello de Ferrol

Antonio Golpe e Plamen Dipchikov na presentación de Festea | Concello de Ferrol

Festea, o festival infantil de teatro gratuíto do Concello de Ferrol, que comezou no mes de outubro e que rematou o pasado sábado no Torrente Ballester, congregou na súa cuarta edición a unhas 2.400 persoas. Neste tempo celebráronse 19 actuacións, tanto en espazos do centro da cidade —Torrente Ballester, Teatro Jofre e os centros cívicos de Caranza e Canido—, como na zona rural, nos locais veciñais de Santa Comba de Covas, Santa Uxía de Mandiá e Pazos.

Polo festival pasaron dez compañías de teatro, oito de elas de diferentes puntos do país e dúas procedentes de Portugal. Entre as 19 actuacións celebrouse unha para escolares e entre os temas tratados nos espectáculos destacan o valor das palabras, a paz, as consecuencias ambientais dos hábitos de consumo, a liberdade, o respecto á natureza dos seres vivos, a amizade, a lealdade e a tenrura.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, quen abriu e clausurou o festival, mostrouse “moi orgulloso” do éxito desta edición de Festea e lembrou aos pequenos que acudiron á última sesión, celebrada no Torrente Ballester, a importancia de “gozar das aventuras que nos chegan a través do teatro e da lectura”.

Lea también

El ciclo de clásicos de cine en el Torrente Ballester se estrena este miércoles con ‘Acosados’

Empieza un nuevo ciclo de clásicos de cine en versión española en la capilla del …