Este sábado, o esperado concerto do gaiteiro Anxo Lorenzo no pazo dá cultura de naron

Anxo Lorenzo, recentemente premiado na Coruña como  mellor artista  nos  premios Opinión  da música de raíz  pechará  a xira internacional ‘Vortex’  deste ano  no  Pazo da Cultura de Narón,   arroupado pola súa banda Folk. A mesma que subíu ao escenario de  Ortigueira nesta última edición do Festival Celta. A cita será este  sábado as 20:00 horas.

O gaiteiro de Moaña tamén fará un percorrido polos anteriores traballos discográficos interpretando temas de  Spiritu (986)  (BMG),  Tirán  e  Confuxon  (Zouma).

O internacionalmente coñecido Anxo Lorenzo preséntanos o seu novo CD chamado Vórtex. O álbum «cociñado» lentamente en Galicia, Irlanda e Escocia ten colaboracións especiais con músicos famosos do mundo do folk e continúa pola ruta acústica experimental, como nos álbums anteriores, Tirán e Confuxon.

Novas composicións e sorprendentes arranxos onde Anxo, unha vez máis, leva as gaitas galegas e asubíos ao límite co seu particular estilo libre en busca de novos sons, ritmos e fusións xunto co fantástico violinista irlandés Eoghan Neff.

Vórtex é o cuarto álbum de estudo de Anxo Lorenzo. No seu novo espectáculo, Anxo Lorenzo incluirá algunhas sorpresas e colaboracións do seu álbum Vórtex, creando momentos musicais marabillosos, máxicos e únicos xunto coa súa banda

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …