O Concello presentou un novo club de pesca, o Espiñazo Narón Fishing, integrado por rapazas e rapaces da cidade e doutros municipios da zona

Presentación do Espiñazo Narón Fishing | Concello de Narón

O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou esta mañá no Concello un novo club deportivo da cidade, o Espiñazo Narón Fishing con Franciso Paz e Miguel Fernández, presidente e vogal, respectivamente. Na actualidade, preto dunha trintena de persoas forman parte do mesmo, ao que Oreona lle deu a benvida e ofreceu a colaboración do Concello “para que continuedes apostando polo deporte e promocionándoo dende a nosa cidade, que tamén é a vosa”.

O Espiñazo Narón Fishing xorde como resultado da unión de varios grupos de amigos que practicaban a pesca dende diferentes clubs e asociacións de pesca de Narón e comarca e que decidiron xuntarse e crealo, tal e como recordou Fernández. O obxectivo básico é “pescar, que é o que realmente nos gusta” e coa mirada posta, según indicou o presidente “en organizar en Narón o vindeiro ano un campionato de pesca a nivel autonómico”.

Os impulsores do club recoñecen que a pesca “é un deporte minoritario” e, centrados en fomentalo, tamén traballarán con grupos de nenos e nenas e mulleres –xa hai dúas no club-, avanzaron. “Queremos realizar quedadas, campionatos infantís, de mulleres… propostas que nos axuden a dar a coñecer esta actividade deportiva pero non centrándonos unicamente nas competicións”, indicaron.

O concelleiro de Deportes destacou ademais o feito de que “dende este club xa se está contactando con diferentes entidades para doarlles os peixes que pesquen, polo que a maiores de contribuír a fomentar e diversificar o deporte naronés tamén realizarán unha importante labor solidaria que dende o Concello queremos agradecer e recoñecer”.

As persoas interesadas en contactar cos representantes do Espiñazo Narón Fishing poden facelo a través da dirección de correo electrónico: espinazonaronfishing@gmail.com ou chamando aos números de teléfono: 629 871 550 ou 628 474 218.

Lea también

Un partido homenaje conmemora el 50 aniversario del fútbol sala en Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, presentó en el Ayuntamiento de Ferrol el primer acto …