O Odeón Bulevar Festival comeza o venres co lema “I Love 90´s” na zona da Gándara, en Narón

Na mañá deste luns presentouse no concello de Narón a V Edición do Odeón Bulevar Festival, coa asistencia da Concelleira de Festas, Natalia Hermida, o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e representantes da Asociación Odeón Bulevar, Julio Campoy e Francisco Paz. Este ano leva por lema «I Love 90´s»

O Odeón Bulevar Festival organizado polo Concello e hostaleiros da Gándara –en colaboración con outros establecementos da zona- terá lugar este venres comezando a  partir xa das 18.00 horas cunha festa infantil (escuma, colchonetas acuáticas, etc).

Pola noite, a partir das 21.00 h comezará a presentación das actuacións que desenvolverán un amplo programa musical: OBK, Paco Pil, Selena Leo, Ku Minerva, Sensity World  e contarase tamén coas sesións remember de dous DJ´S, Marcos Magan e Josy da Graver, considerados dos mellores de Galicia.

O Odeón Bulevar Festival, cos concertos e actividades que inclúe teñen como sempre carácter gratuito.
Un gran escenario e un importante montaxe audiovisual serán o marco dunha xornada musical que temos a certeza de que será do gusto de todo o público que se achegue o próximo venres á Gándara” según expresaron os representantes de hostelería.

O concelleiro de Promoción Económica e a concelleira de Festas, David Pita e Natalia Hermida, expresaron a súa satisfacción pola colaboración que entre o Concello e o sector da hostelería da zona vense realizando nestas sucesivas edicións do Festival Odeón Bulevar. Agradeceron tamén a colaboración prestada polos veciños e veciñas da zona, a colaboración do Centro Comercial Odeón pola apertura do seu aparcadoiro soterrado e os baños, e convidaron á xente a que se achegue o vindeiro venres a desfrutar deste Festival desexando que o evento sexa do gusto de todos e todas.

Lea también

Gran brillantez en los actos celebrados por la Armada en Ferrol en honor a su Patrona la Virgen del Carmen

(P. S.-gráficas Galicia Ártabra)-La Armada conmemoró este martes, día 16, la festividad de su Patrona, …