En Valdoviño organizan unha nova ruta guiada pola zona mineira do Porto

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación Valdoviño Azul únense unha vez máis para organizar unha nova ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto. A iniciativa, segundo explicou o alcalde, Alberto González, celebrarase o sábado 10 de agosto ás 11,30 horas. As prazas son limitadas e a participación é gratuíta, aínda que se precisa de inscrición previa.

Inscrición

Así, as persoas interesadas deben formalizala na Casa da Cultura ou no teléfono 981 48 76 66 hoxe martes  o mércores 7 ou o xoves 8 de agosto de 11 a 13 horas. O punto de encontro é a caseta da praia dos Botes, de 11,15 a 11,30 horas e, dende aí, iniciarase o percorrido, con introdución á flora da zona.

A iniciativa celebrouse recentemente, o pasado 29 de xullo, pero dada a alta demanda rexistrada decidiuse reeditala en agosto.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …