Ferrol en Común tivo un encontro no centro cívico de San Pablo

Reunión de Ferrol en Común en San Pablo | Ferrol en Común

Na tarde do mércores Ferrol en Común mantivo unha reunión no Centro Cívico de San Pablo-Catabois, «unha veciñanza acolledora e reivindicativa na defensa do seu barrio«.

Dende a formación pola que se presenta a reelección Jorge Suárez, prometeron traballar «por acadar o ARI para as súas vivendas, como se fixo en Recimil, cun transporte público digno e axeitado as necesidades reais en tempos/horarios/paradas e traxectos dunha veciñanza de idade, combatindo a soidade dos maiores con politicas de envellecemento activo e dinamizando o barrio con acción participativas e culturais como as desenvoltas este mandato: O barrio da miña vida, os PequeEduca e a Foliadiña, por citar tres exemplos«.

Para Ferrol en Común «sempre é unha honra pisar o barrrio de Fina Varela, e de tantas coma ela. Un barrio de resistencia que ben paga a pena«.

Lea también

El desprendimiento de un balcón provoca en Ferrol el corte de tráfico de un tramo de la calle Iglesia

  En la mañana de este jueves 13 de agosto, el desprendimiento de parte de …