Marea de Ferrol continúa as súas xuntanzas coa veciñanza do rural

Reunión de Marea de Ferrol en A Cabana | Marea de Ferrol

Onte, mércores 15 de maio, Marea de Ferrol continuou as súas xuntanzas con diversas asociacións de veciñanza da zona rural de Ferrol, concretamente a de San Salvador de Serantes, A Cabana e A Graña.

Ademáis de explicar en todos os casos as súas propostas relacionadas co ámbito da zona rural e con aqueles servizos que o Concello debe prestar ao conxunto do territorio, puideron «recoller as demandas e preocupacións máis latentes en cada parroquia«, onde seguen constatando «que en todas as zonas do rural acúsase unha importante deixadez e abandono por parte do Concello«.

Para Marea de Ferrol «repítese a constante preocupación polo saneamento, malestar pola burocracia administrativa ou o recorte de subvencións. Coincidimos tamén co movemento asociativo do rural na imperiosa necesidade de establecer un plan de mantemento «do que hai», centros socioculturais, instalacións deportivas, zonas verdes, estradas, etc. É preciso eliminar a precariedade na que se atopan as infraestruturas propias do Concello«.

Así mesmo, «síntese en todos os casos as dificultades de comunicación e de operatividade que implica a imposibilidade de canalizar unha participación axeitada na toma de decisións que teñen que ver cos diferentes ámbitos de acutación e territorios que conforman o Concello«.

Lea también

Este viernes se puso en servicio un nuevo tramo de la Avenida de As Pías

El Delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, supervisó en la mañana de este viernes, …