Os traballadores de Poligal continúan sumando apoios tralo anuncio do peche da compañía anunciado no día de onte. Esta mañá os traballadores estiveron reunidos coa parlamentaria de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz e co concelleiro de Esquerda Unida en Narón, co candidato a alcaldía por Narón por Diante, André Abeledo e con persoas desta candidatura.
André Abeledo non entende como a Dirección de Poligal escúdase en perdas acumuladas importantes, e crecentes en 2017 e 2018, para xustificar a tramitación do concurso de acreedores con proposta de liquidación da empresa. «Como empresa e ante a deriva que datan de 2012, non pode ser que o ano pasado (xuño 2018) mostren a satisfacción da mellora en canto a aumento de producción, novas acreditacións de calidade e dicindo que é a pranta máis versátil con solución de envasado flexibles máis ampla de Poligal.»
Outra das cousas que chama a atención é o anuncio de “escenarios de inversión para mellorar a productividade e eficiencia”, pois «ben é certo que as liñas de producción necesitan de inversión para competir cando teñen unha plantilla sobradamente cualificada, as certificacións o demostran, e unhas liñas de 28 e 23 anos respectivamente«, nunhas liñas «para as que en certas reparacións xa non teñen pezas no mercado pola súa antigüidade«.
André Abeledo recordaba que ditas inversións xa veñen sido reclamadas polo plantel durante anos, «de feito no último ERE sufrido polo plantel de Poligal lograron acordar inversións na factoría de Narón. E baixo sentenza no próximo mes poder o plantel podería esixir a execución de sentenza ou o sancionamento da empresa cada día de incumplimento, ainda que o plantel o que quere é dignidade un plan de investimento para poder desenrolar o seu traballo e ser productivos á altura de outras plantas«.
De feito, á vez que na planta de Narón non invirte dende que chega esta Dirección, do Grupo Perelada, os ingresos do Grupo os invirte en plantas de Portugal e Polonia. Invertindo na planta de Polonia aberta dende o ano pasado 40 millóns de euros.