A executiva do PSOE de Ferrol apoia aos traballadores de Poligal

A executiva do PSOE de Ferrol amosa a súa solidariedade e apoio cos traballadores de Poligal que coñeceron no día de onte a decisión da empresa do cese inmediato de actividade da súa planta en Narón, coa intención por parte da empresa de liquidar a factoría e así proceder o peche da planta ubicada en Narón.

A executiva dos socialistas de Ferrol anuncia que o Grupo Municipal Socialista levará unha moción de apoio aos traballadores ao vindeiro Pleno do xoves. Así mesmo, este luns a representación sindical de Poligal será recibida pola Subdelegada do Goberno Pilar López Rioboo.

A Secretaria Xeral do PSOE de Ferrol, Beatriz Sestayo, sinala que a empresa especializada en polipropileno, xa sufriu no ano 2014 varios EREs e un total de 35 despidos. Lembra que ela mesma exercendo como deputada parlamentaria rexistrou no Parlamento galego unha batería de iniciativas a prol do persoal da empresa Poligal, nas que se esixía á Xunta a súa implicación na defensa defensa dos postos de traballo dunha comarca tremendamente castigada e ademais denunciaba a pasividade do Goberno galego en políticas industriais e de emprego.

Os socialistas de Ferrol apoiarán aos traballadores en todas as accións que emprendan para loitar polos seus empregos.

Lea también

El Concello de Ferrol invertirá más de 82.000 euros en la mejora del local vecinal de Pazos

El Concello de Ferrol avanza en la mejora de infraestructuras en la parroquia de Pazos …