O turismo, unha fonte de riqueza cada vez maior en Galicia

(Fiestas San Froilán)

Os viaxeiros nacionais gastan xa máis de media na Comunidade galega que no resto de España e os estranxeiros invisten case un 9% máis do que o facían hai un ano

O turismo brinda cada vez máis oportunidades en Galicia. Move 11 de cada 100 euros da economía galega e xera 12 de cada 100 postos de traballo. É, sen dúbida, un elemento imprescindible e necesario para analizar e explicar a realidade económica, social, cultural e medioambiental da nosa Comunidade. Ademais vive nos últimos anos unha das súas mellores épocas. A Galicia están a chegar máis viaxeiros, pero tamén están a mellorar outros parámetros que axudan a posicionar o turismo galego como un sector estratéxico.

Incrementos no sector hosteleiro

Un exemplo: detrás das boas cifras de visitantes atópanse catro anos consecutivos con incrementos na rendibilidade hoteleira, colocando o dato do ano pasado no máis elevado desde o último Ano Santo. En termos absolutos, estímase que este sector rexistrou o ano pasado preto de 300 millóns de euros de ingreso total por habitación ocupada, unha cifra case un 10% superior á do ano anterior. Son máis de 25 millóns de euros de incremento, en relación a 2016. E o turismo xera xa tamén máis emprego do que o facía hai un ano. As cifras sitúan o incremento de ocupados no sector turístico en case un 5% máis no último ano.

Así mesmo, os turistas están a quedar máis días na Comunidade galega e tamén a investir máis do que o facían hai un ano. Os viaxeiros nacionais que visitan Galicia gastan xa máis de media aquí que no resto de España e os turistas internacionais gastan case un 9% máis que o ano pasado. Unhas cifras que avalan a boa dirección do modelo turístico galego que pretende primar a calidade dos servizos e produtos, para unha maior satisfacción dos turistas

O Camiño de Santiago

Apartado especial supón o Camiño de Santiago. Un recente estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) a iniciativa da Xunta de Galicia como parte dos compromisos recollidos no Plan director do Camiño de Santiago pon tamén de manifesto a positiva repercusión da ruta xacobea nos concellos do rural, onde é visto pola poboación local como un fenómeno positivo e tamén como unha oportunidade para o desenvolvemento. Nótase tamén un forte incremento en Camiños como o Inglés (Ferrol-A Coruña) ou o Portugués nos que os peregrinos atopan «novos lugares» por descubrir.

Outro dato importante ten que ver co propio sector turístico. Entre 2009 e 2017 creáronse na Comunidade algo máis de 5.000 prazas de aloxamento, das que o 30% foron no Camiño Francés. Ademais, os peregrinos están especialmente interesados nos produtos locais e por iso cada euro que gastan xera ata un 18% máis de emprego, ao consumir fundamentalmente en bens e servizos máis intensivos en emprego como os de comidas e bebidas, que supoñen o 61% do seu gasto fronte ao 26% no caso do turista convencional.

Cifras, todas elas, que só son posibles grazas á calidade que caracteriza os recursos galegos e tamén á aposta de Galicia por poñelos en valor e protexelos a través dunha actividade turística responsable e coordinada, como así o establece a Estratexia do turismo de Galicia 2020. Este xeito de traballar está a demostrar que, da man dunha diversificación da actividade turística por todo o territorio e ofrecendo propostas de interese durante todos os meses do ano, o turismo é quen de consolidarse como un dos motores da economía.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …