Adxudicadas as obras de montaxe dun novo parque infantil en Piñeiros, Narón

O Concello de Narón adxudicou en 39.269 euros os traballos de montaxe dun novo parque infantil en Piñeiros. A empresa Jardinería Arce será a encargada de acometer esta intervención, cofinanciada con cargo ao POS+ 2017 da Deputación da Coruña e con un prazo de execución de tres meses, tal e como apuntou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla. “Este proxecto que se iniciará próximamente en Piñeiros vén a sumarse a un plan integral de renovación e dotación de parques nos diferentes barrios e parroquias da cidade, co fin de ofrecer novos servizos ás nosas veciñas e veciños e de mellorar os xa existentes”, explicou Santalla.

O parque infantil ubicarase nas inmediacións da igrexa de Piñeiros, preto do biosaudable –que será obxecto dalgunhas reformas- e unha vez rematado suporá unha superficie de lecer, conxunta, de 265 metros cadrados. As novas instalacións terán tres zonas diferenciadas: unha multixogo, columpios e unha rede trepadora.

A zona multixogos consta de dúas torres con cuberta e concíbese como un área de xogo para nenas e nenos maiores de tres anos, con capacidade para preto de corenta usuarios/as. No que respecta ao columpio, será mixto, cun asento con cueiro e outro plano, para menores de 0 a 14 anos e, por último, a rede trepadora fixa, para maiores de 3 anos, que ten capacidade para unha decena de menores.

“Coa adxudicación dos traballos deste novo parque na cidade, concretamente en Piñeiros, o goberno local atende unha das demandas formuladas polas veciñas e veciños da zona, donde residen unhas sete mil persoas que, nos vindeiros meses, grazas a esta actuación, poderán disfrutar de novos servizos ao carón das súas casas”, subliñou Santalla. “Nos vindeiros meses continuaremos traballando nesta mesma liña, coidando o mantemento dos máis de sesenta parques cos que conta a cidade na zona urbana e rural e incrementando esta cantidade na medida do posible”, apuntou o edil de Servizos.

Lea también

Narón acolle a III edición do “Trail Costa Ártabra”

O edil de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Asociación Deportiva Cultural Bombeiros de …

Un comentario

  1. Una pequeña puntualización en relación a quien demandó este Parque infantil. Como bien sabe el Concejal de servicios del ayuntamiento de Narón Ibán Santalla,esta demanda la solicitó la Asociación de vecinos de Piñeiros ,mediante la correspondiente solicitud por registro.al concejal de Urbanismo,Medio ambiente,Patrimonio y bienes inmuebles Manuel Antonio Ramos, con fecha 7 de marzo del 2016.Seguramente al concejal Ibán Santalla se le «olvidó» nombrar lo de Asociación de vecinos de Piñeiros, pese a tener una reunión con el presidente de la entidad vecinal de Piñeiros por el mes de diciembre del 2017 José Frc. Pita para hablar del mencionado parque.
    PD:Aportamos copia de la solicitud enviada por registro al Ayuntamiento de Narón

    Piñeiros 7 de marzo 2016

    Sr:Manuel Antonio Ramos Rodríguez
    Concejal de Parques y Jardines
    Asunto: Solicitud de un parque infantil en Piñeiros
    Desde la directiva de la asociación de vecinos de Piñeiros, solicitamos a su concejalía la necesidad de la instalación de un parque infantil en la zona de Piñeiros,(campo de la fiesta).
    Hace ya unos siete años, la entidad vecinal solicitara un parque biosaludable al Ayuntamiento, siendo atendida nuestra petición se instaló en esta zona dicho parque, el cual está siendo utilizado por numerosos vecinos. Desde la asociación vemos la necesidad de instalar en una pequeña zona que se encuentra a campo, pegada a este mismo parque biosaludable la instalación de uno infantil. Le facilitamos una foto de la zona.
    Son muchos los padres que normalmente están acudiendo con sus hijos a esta zona y echan en falta la necesidad de un parque infantil y si es posible una fuente para beber (ya se dispone de agua en este parque) un par de bancos y al menos una mesa.
    Desde la directiva de la asociación de vecinos de Piñeiros,esperamos y deseamos que esta solicitud destinada para los más pequeños sea atendida.
    Atentamente
    Presidente entidad vecinal
    José Frc, Pita