Cabanas quere converter ós máis pequenos en protagonistas da vida municipal co seu I Plan de Infancia

Programa de UNICEF – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas é un dos nove municipios de toda Galicia que presentou candidatura a converterse en Cidade Amiga da Infancia de UNICEF. Un distintivo do que tan só goza un municipio galego na actualidade e que recoñece o papel protagonista dos nenos e nenas na actividade municipal. É por isto que o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, está a traballar na elaboración do I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia. Un traballo no que se prima a participación e, de aí, que o primeiro paso fose iniciar unha ronda de contactos e entrevistas a fin de detectar as necesidades e problemáticas deste sector da poboación.

O obxectivo deste proxecto é identificar as prioridades e liñas de traballo en materia de infancia e adolescencia, así como construír canles de comunicación e participación onde as rapazas e rapaces sexan os verdadeiros protagonistas.

Nas últimas semanas o equipo técnico deste proxecto visitou os centros educativos do municipio para identificar as demandas do alumnado. Todas as nenas, nenos, mozos e mozas expresaron as súas opinións. Por outra banda, este equipo tivo diferentes reunións coa comunidade educativa (profesorado e ANPAS), entidades culturais, deportivas e sociais. O plan de traballo para estes meses culminará na construción de espazos de participación e coordinación entre as traballadoras e traballadores das áreas municipais, o equipo de goberno, os axentes sociais e culturais, e as rapazas e rapaces.

Lea también

Tras varios días de búsqueda fue localizado el cadáver del octogenario desaparecido en Ortigueira

Tras una intensa búsqueda iniciada el pasado viernes, sobre las cinco de la tarde de …