O BNG advirte a Ferrol en Común que este xoves ten que escoller entre a proposta para o comercio do BNG ou a do PP

Roberto Montero e Iván Rivas na presentación das propostas – Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol advertiu ao goberno de Ferrol en Común que «este xoves terá que definirse e escoller novamente entre as dúas alternativas existentes na cidade, ou apoiar as medidas de reactivación comercial propostas polo BNG e a alternativa do Partido Popular que ten como obxecto beneficiar as grandes empresas e aos grandes propietarios».

O BNG indica que «polo tanto Ferrol en Común terá que escoller entre estas dúas propostas que son contrarias e incompatibles, a que lle propón o BNG e a alternativa do Partido Popular que se fundamenta en tres requisitos: aumentar os beneficios fiscais as grandes empresas, que son aquelas que estan obrigadas a pagar o IAE (imposto que estan obrigadas a pagar só as empresas que factures máis de 1 miilón de euros) , en segundo lugar propoñen unha rebaixa xenérica no imposto de bens inmobles, sen ter en conta se estes locais contan ou non con actividade ou si son obxecto de intereses especulátivos, e unha terceira idea que ten que ver coa oposición irracional do PP, como se vivisen no século XIX, ao urbanismo contemporáneo que ten como obxectivo acadar a peonalización dos centros históricos de cara a acadar a súa revitalizació social e económica«.

«Diante destas propostas, Ferrol en Común ten a opción desenvolvida polo BNG que se basea en bonificar a actividade dos locais comeciais e polo tanto todas aquelas persoas que teñan interese en poñer os seus locais a disposición dos emprendedores deben ser obxecto destas bonificacións igual que aquelas que xa o fan. En segundo lugar promover o emprendemento a través dunha bolsa de baixos baleiros que facilite a incorporacon de novas persoas aos centros da cidade e a terceira idea que ten que ver con incrementar o imposto de bens inmobles de maneira discrecional, medida dirixida fundamentalmente a penalizar os intereses especulativos».

 
 

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Este acaba con Ferol en tres dias. Mas dictador que Franco!