Hoxe ten lugar no Concello de Ferrol un curso de actualización do emprego dos DESA, desfibrilador externo automático, co que están equipados as instalacións deportivas da cidade. ademais do Teatro Jofre e do Auditorio de Ferrol. En total, o Ferrol conta con 18 equipos DESA, coa vontade de seguir implementando o seu número.
Os cursos, organizados desde a áreas de Deportes, Cultura e Seguridade, son impartidos ao persoal municipal así como aos empregados das instalacións culturais por persoal cualificado -técnicos sanitarios- da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil en tres quendas de dúas horas: de 10 a 12, de 12 a 14 e de 16 a 18 horas e que se desenvolven este mércores no Teatro Jofre.
O desfibrilador externo semiautomático (DESA) é un aparello electrónico portátil (produto sanitario) que diagnostica e trata a parada cardiorrespiratoria cando é debida á fibrilación ventricular ou a unha taquicardia ventricular sen pulso restablecendo un ritmo cardíaco efectivo eléctrica e mecanicamente. E moi eficaz na maior parte dos paros cardíacos.
O DESA está pensado para ser utilizado por persoal non sanitario, de tal forma que seguindo as súas instrucións colócanse os eléctrodos no paciente.
A regulación do seu uso é competencia autonómica que, dacordo a normativa recementemente actualizada, recomenda que para o seu manexo se precisa dun curso de formación e actualización periódica.