Esta mañá se presentaba en rolda de prensa un concerto especial dos Grupos de Ensaio na nosa cidade, locais municipais para bandas noveis, que terá lugar o 6 de xaneiro as 20:00 horas da tarde na carpa instalada na Alameda do Cantón.
«En Ferrol temos a sorte de contar cuns locais de ensaio fantásticos, xa desde o 2009, nos baixos do mercado da Magdalena, e hai que traballar no que ten que ver coa base e nesta cidade temos una canteira fantástica e espectacular. O lóxico é mostrar ao público o froito deste traballo e deste esforzo«, manifestou hoxe o concelleiro de Cultura.
Suso Basteterrecha estivo acompañado na rolda de prensa por Nerea, a responsable da xestión dos locais de Ensaio, e de Iago e Rubén, na representación das cinco bandas que actúan este sábado, no Día de Reis, para o público ferrolán nun escenario amplo e equipado cos medios técnicos precisos.
É un concerto aberto e de balde, na carpa do Cantón de Molíns, nunha oportunidade de ver o traballo feito por estes rapaces e rapazas nos locais de Nsaio durante todo o ano, locais que foron a plataforma de saída de banda xa con sona, como Polisong.
Os grupos que actúan, maioritariamente, son bandas de rock e metal, como é o caso de Spiz Bacon, Sombra Negra, Host, Endgame e Curse of the Blin.