O PSOE insta ao goberno a que se tomen medidas para protexer a veciñanza do amianto

(Fot. GAD)

Na mañá de hoxe, a voceira socialista do Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo, instou ao goberno local a execución inmediatas de medidas para evitar a exposición ao amianto da veciñanza tras ó abandono nunha parcela da rúa Espartero de material con amianto durante mais dun ano.

Os socialistas instan o cumprimento da moción que presentaron e que fora aprobada por unanimidade en Pleno de data 27 de outubro de 2016, solicitando o estudio e elaboración do mapa do amianto que contemple as edificacións que podan estar afectadas, tomando parte especialmente activa na eliminación progresiva do amianto daqueles edificios que dependan directa ou indirectamente da administración ñocal.

A voceira socialista, Beatriz Sestayo, alerta dos perigos na saúde que representa para a veciñanza a presencia do material con amianto, esixe o cumprimento de acordo plenario aprobado por unanimidade e que se proceda de maneira inmediata a retirada do amianto.

Lea también

Condenan a 53 años e 11 meses de cárcel a cada uno de los miembros de un matrimonio por trata de seres humanos, inmigración ilegal y tráfico de drogas en Ferrol y Narón

La sección segunda de la Audiencia Provincial de A Coruña ha condenado a cada uno …