O BNG de Narón lamenta que o PP someta os intereses da veciñanza de Narón aos do seu propio partido

O portavoz do grupo municipal do BNG de Narón, Pablo Villamar, invitou ao concelleiro do Partido Popular, Marcos López Balado, a valorar publicamente, como fixo o 14 de novembro na presentación do proxecto do novo centro de saúde, o “compromiso que a Xunta mostra para cos veciños de Narón”, despois de que a Consellería de Sanidade enviase unha addenda para incorporar ao convenio entre Concello e Sergas para a construción do novo equipamento sanitario que foi aprobada no último pleno.

Villamar asegurou que “as mentiras teñen as patas moi curtas” e, nese sentido, quixo lembrar as manifestacións do voceiro do PP de hai un mes e medio cando dixo que “estamos moi satisfeitos de que a Consellería de Sanidade teña mostrado a súa aposta firme por Narón e que o teña feito ademais con celeridade, poñendo riba da mesa un plan real con fondos, cun proxecto concreto para a construción e cun ambicioso plan funcional pensado para dar o mellor dos servizos aos veciños”. López Balado tamén apuntara naquel momento que “este proxecto se vai facer realidade malia todas as carencias de xestión e á falta de planificación por parte do goberno local, que de xeito reiterado vén incumprindo as cláusulas dos acordos adoptados. Entregaron hai pouco os terreos cando deberon telo feito en 2011 e aínda non consignaron todos os fondos previstos. A pesares diso, a Consellería de Sanidade entendeu que o compromiso importante era cos naroneses e non co concello”.

O portavoz do BNG explicou que “todas estas palabras xa son papel mollado”. “A Consellería de Sanidade non puido licitar as obras este ano, tal e como estaba programado, pero o BNG acredita na colaboración entre diferentes administracións e por iso votamos en a favor da addenda”. “O que é lamentábel”, engadiu Villamar, “é que haxa quen ataque o labor do goberno local todos os días e que agora que as súas palabras de hai mes e medio se volveron na súa contra, non diga nin mu”. Villamar considera que “en política non todo vale” e subliñou que o portavoz do PP foi elixido pola veciñanza de Narón para que a representase, “non para que antepoña os intereses do seu partido aos das persoas que confiaron nel nas últimas eleccións municipais”.

Lea también

Axenda en Narón do 4 ao 6 de outubro

Venres 4 de outubro de 2024 Actividade: Teatro contemporáneo: Noso Hora: 20.30 Lugar: Pazo da …

3 comentarios

  1. Vaya hombre…. los que tenían que tener ingresado todo el dinero en 2012…. y estamos en 2018 y siguen sin nada de nada

  2. manuela dopico

    Este señor lleva mas de 15 años en la politica y ¿ha hecho algo por naron?, pero para dar consejos a los demas si que sirve

  3. Miguel Bautista

    ¿Y que opina el BNG de que Narón no tenga presupuesto siendo él el concejal presupuestario?