A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Rocío Rodríguez, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón, entregaron na mañá deste venres no Concello as dúas primeiras cestas de Nadal sorteadas no marco da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.
O primeiro sorteo celebrouse o pasado día 20 nos establecemento Nácar, resultando premiada Carmen Romero, e Glomar Textil Hogar, donde o agasallo foi para Manuela Díaz. A campaña, que repartirá un total de 1.600 euros en premios e catro cestas de Nadal, comezou o pasado 15 de decembro e prolongarase ata o 8 de xaneiro.
Un total de 116 establecementos comerciais da estrada de Castela, A Gándara, Santa Icía e arredores participan polo momento nesta campaña, impulsada a través do Concello de Narón e da Asociación de Comerciantes de Narón. No acto deste venres o edil de Promoción Económica recordou que todos aqueles pequenos comercios que se queiran sumar á campaña poden facelo e obter a información da mesma a través da páxina web: www.comerciodenaron.es.
As persoas que realizan estes días as compras nos comercios adheridos a esta iniciativa –que están debidamente identificados- reciben un tícket para cubrir os seus datos persoais e que deben depositar nas urnas localizadas nos propios comercios para poder participar nos diferentes sorteos. A maiores de catro cestas con produtos de Nadal –as dúas entregadas hoxe e dúas máis que se entregarán o vindeiro día 29 de decembro no Concello- sortearanse dous vales por un importe de 500 euros e outros dous de 300, para gastar íntegramente nos establecementos que participan na campaña (nun mínimo de tres). O acto de entrega dos vales aos catro gañadores está previsto para o vindeiro 12 de xaneiro no Concello.
No marco da campaña de colaboración entre o Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón está tamén o Navitren, que estará operativo entre os días 26 e 29 de decembro, en horario de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00. A saída do tren navideño será en tódalas viaxes das inmediacións da parada de buses localizada xunto ao Concello e os viaxeiros percorrerán o tramo da estrada de Castela entre os límites cos concellos de Ferrol e Neda. Os tíckets para subirse ao tren entregaranse ao realizar compras nos comercios que participan na campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” e tamén poderán adquirirse ao inicio das viaxes a un prezo de un euro.
A alcaldesa e o edil de Promoción Económica felicitaron ás gañadoras das primeiras cestas e animáronas a continuar realizando as súas compras no comercio local.
En vez de tantas fotitos y tantas campañas de marketing barato, si quieren ayudar al pequeño comercio que nos bajen los impuestos y se preocupen algo mas de la recogida de basuras