En Narón descenderon os roubos en vivendas e vehículos, e a violencia de xénero

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro,  e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, copresidiron na mañá deste venres  a Xunta Local de Seguridade celebrada no Concello. Á convocatoria, que comezou ás 11.00 horas, asistiron tamén Eva Vázquez, vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno en Galicia; Guillermo Sánchez Fojo, concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón; Fernando Rico, Comisario Xefe da Comisaría Ferrol-Narón; Antonio Nieto, en representación da administración autonómica; Eduardo Pita, xefe da Policía Local de Narón; Francisco Javier López, Teniente xefe do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol; portavoces dos grupos políticos da corporación local de Narón e o Secretario do Concello, Alfonso de Prado.

Descenderon os roubos en vivendas e vehículos, e a violencia de xénero

Nos tres primeiros trimestres do ano, tal e como se indicou na Xunta Local de Seguridade, os roubos denunciados en vivendas descenderon nun 34%; en vehículos un 50% e as denuncias por violencia de xénero descenderon tamén nun 50%. Así mesmo, os datos presentados constatan un descenso do 3% no total das infraccións penais no municipio con respecto aos datos de 2016, o que confirma a tendencia dos últimos anos de redución deste tipo de sucesos. “É moi importante que a cidadanía colabore coas forzas e corpos de seguridade e denuncie calquera tipo de violencia ou roubos a través dos cauces oficiais, porque lamentablemente non sempre os problemas que se detectan na cidade se reflicten nunha denuncia formal, o que complica a súa total e necesaria erradicación”, subliñou Ferreiro.

O subdelegado do Goberno en Galicia incidiu na importancia da colaboración entre os distintos Corpos de seguridade “que redunda nunha mellor atención e unha maior seguridade para a cidadanía”. Tamén destacou Atán a relevancia de “establecer plans específicos de colaboración entre os diferentes Corpos co obxectivo de que se adopten medidas de seguridade pasiva, con carácter preventivo, durante a celebración de eventos, festividades e outras concentracións nas que se reúna un número importante de persoas”. Jorge Atán apelou á “colaboración entre os Corpos de seguridade no ámbito da seguridade viaria e no da violencia de xénero, aspecto sobre o que recordou a recente aprobación do Pacto de Estado”.

Sobre este asunto, a alcaldesa da cidade explicou que o Concello de Naron conta cun dispositivo especial para estas festas de Nadal, pola alerta 4 establecida, que se aplicou tras celebrarse a pertinente Xunta de seguridade coa Policía Nacional. Noutros actos convocados na cidade e que así o requiran tamén se están establecendo operativos específicos en materia antiterrorista, o que sitúa ao Concello de Narón á cabeza dos da provincia en canto a prevención.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …

Un comentario

  1. Como broma está bien, pero que se pasen por freixeiro a contárnoslo.