A «XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil» de Narón chega a partir deste luns a varias escolas infantís

A ”XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” chegará este lúns ás escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros e á Unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol de Narón. Os menores destes catro centros, uns trescentos nenos e nenas en total, terán a oportunidade de ver a obra Zapatos, da compañía Caramuxo Teatro.

A primeira das sete representacións programadas seráeste lúns, ás 10.00 na escola infantil de Piñeiros, donde a segunda posta en escena da obra será ás 11.30 horas. O departamento de Cultura da Deputación da Coruña colabora nesta edición da Mostra, feito que valorou a presidenta do Padroado e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro.

O martes 28 a obra representarase na escola infantil da Gándara e o mércores 29 na da Solaina, en ambos casos nos mesmos horarios fixados para as dúas quendas previstas, ás 10.00 e ás 11.30. Por último, o alumnado da Unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol presenciará a obra o xoves 30 –neste caso cunha única representación, a partir das 10.00 horas-, data na que culminará o programa da “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil”.

O Padroado da Cultura de Narón organiza anualmente esta cita teatral, á que cada ano asisten milleiros de alumnos. A esta última edición asistirán en total, unha vez rematada, 6.500 rapaces e rapazas de centros educativos de Narón e tamén doutros concellos da comarca, como Ferrol, Fene, Neda, Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero. A excepción do caso dos menores das escolas infantís, as representacións tiveron lugar no Pazo da Cultura, ata donde se desprazaron os rapaces e rapazas en autobús desde os seus respectivos centros escolares. A entrada é de balde e os escolares abonaron unicamente dous euros para facer fronte aos gastos do desprazamento en autobús desde os colexios ata o Pazo e de regreso aos centros.

A “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” comezou o pasado 16 de outubro. As compañías Eme2, Chapitó, e Ghazafelhos encargáronse de representar as obras Contacreques, Edipo e Lúa, respectivamente, no Pazo da Cultura entre o 16 de outubro e o pasado 9 de novembro.

A presidenta do Padroado da Cultura e alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou o éxito acadado con esta nova edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil. “Coas representacións previstas nas escolas infantís municipais e na Unidade de Infantil do Santiago Apóstol rematará esta trixésimo quinta edición da Mostra de Teatro, unha convocatoria coa que desde o Padroado da Cultura apostamos por familiarizar aos escolares co mundo do teatro e ampliar a súa formación cultural, programando espectáculos adaptados ás súas idades”, destacou Ferreiro.

“Nesta mesma liña continuaremos traballando desde o Padroado da Cultura, desde donde ano tras ano apostamos firmemente por esta área cunha gran variedade de espectáculos, moitos deles de compañías e grupos musicais ou cantautores galegos, obradoiros, Escolas Municipais e outros eventos aos que asisten, tanto no Pazo como noutras ubicacións da zona urbana e rural do noso concello, milleiros de veciñas e veciños de Narón e tamén procedentes doutras localidades”, subliñou a presidenta do Padroado da Cultura.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …