O Concello crea dúas aulas multimedia na antiga casa consistorial de Cabanas

Germán Castrillón na aula multimedia – Concello de Cabanas

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate das obras que o Concello levou a cabo nas últimas semanas no inmoble da antiga casa consistorial para habilitar alí dúas aulas multimedia coas últimas tecnoloxías. Unha intervención orzamentada nuns 59.000 euros cofinanciados por Agader e a Consellería de Cultura. A intervención obligou a reacondicionar os espazos, derribando tabiques para ampliar a superficie útil, e contemplou traballos eléctricos (dotación dunha nova instalación, rede de datos e audiovisuais, así como iluminación), de carpinteiría (instalación de tarima) e pintura.

Segundo explicou o alcalde, o Concello ampliará agora os usos do inmoble, ata o momento sede da Escola Municipal de Música. A intención é entrar á formar parte da Rede CeMit de Galicia nos vindeiros meses e iniciar a impartición de accións formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento. Ademais, Cabanas gaña tamén un novo espazo para conferencias e charlas, así como para albergar outro tipo de cursos formativos.

As novas aulas están ubicadas na primeira pranta e son completamente accesibles. A primeira conta con 13 CPU con monitor LED, impresora láser, proxector de vídeo, equipo de sonido con altofalantes, pantalla de proxección, cámara motorizada para videoconferencia, mesas de aula, e cadeiras.

A segunda, pensada como complementaria da primeira, é unha aula multiusos con mesa para reunións, cadeiras, CPU con monitor LED e armario.

Por último, o Concello tamén dotou ó inmoble dun sistema de alarma para garantir a súa seguridade.

Lea también

Educación defiende las obras de ampliación del CPI As Mirandas de Ares tras las quejas del ANPA

La Xunta asegura que el centro cuenta con el profesorado necesario y con ratios muy …