Cabanas convoca á veciñanza á I Andaina contra a Violencia de Xénero

O Concello de Cabanas conmemorará o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cunha Andaina reivindicativa popular. Celebrarase este sábado, coincidindo coa data, e o punto de partida será a Oficina Municipal de Turismo.

De aí, as persoas participantes partirán ás 10 horas nun itinerario que discurrirá pola contorna do piñeiral da Madalena. Ademais de animar á participación, o Concello convida a veciñas e veciños a lucir vestimenta de cor lila para visibilizar a súa repulsa contra a violencia de xénero.

A Andaina, cun percorrido apto para todas as idades, concluirá no piñeiral cunha solta de globos lilas e a lectura de diferentes textos. O prazo de inscrición está aberto ata o venres, no teléfono: 637 55 98 73 e no correo cultura@cabanas.gal.

Lea también

El Concello de Ortigueira celebra un año más las “Xanelas do Nadal”

El plazo para inscribirse finaliza el viernes 27 de noviembre. El Concello de Ortigueira continúa …