Villamar pídelle ao portavoz do PP un mínimo de seriedade para falar sobre as contas do Concello

O portavoz do grupo municipal do BNG de Narón, Pablo Villamar, lamentou novamente que o voceiro do PP, Marcos López Balado, realice manifestacións sobre os investimentos e a débeda do Concello sen achegar dato ningún que sosteña as súas afirmacións.

O portavoz nacionalista asegurou que no que respecta aos impostos xa está todo explicado e invitou a Balado a que “forneza datos” que xustifiquen as súas palabras e que, en todo caso, os compare cos concellos da contorna. Sinalou que no que atinxe aos servizos xerais –recollida de lixo, limpeza de rúas ou saneamento- que presta o Concello e, “partindo da premisa de que todo é mellorábel e que niso se está a traballar, a maioría da poboación do concello está razoabelmente satisfeita con eles”.

«No que respecta ao gasto social que o señor Balado di que se elimina, puxo como exemplos o incremento na partida de atención á Dependencia e en programas como o ConciliaEscola, sen esquecer a achega a entidades sociais, a sinatura de novos convenios de colaboración e o incremento na contía dalgúns deles«, Villamar tamén aludiu ao feito de que neste mandato aumentaron as bonificacións.

o estado de execución do orzamento, Villamar lembroulle ao portavoz popular que a media ponderada sitúase no 84% -87% para gasto corrente e 73% para investimento-, unha cifra “razoabelmente boa, e máis se se compara co grao de execución noutros concellos gobernados polo seu partido político”. “Dicir que non se executa o orzamento con estas cifras non é serio”, apuntou Villamar.

Por outra parte, e en relación á débeda do Concello, o voceiro nacionalista convidou a López Balado a botar a vista atrás e analizar cun mínimo de rigor por que hai que destinar unha parte dos remanentes á amortización de débeda. “Se o facemos así é porque existe unha lei derivada dunha reforma constitucional que vostedes pactaron e que nos obriga a facelo así”, incidiu. De todos os xeitos, o portavoz do BNG lembroulle a Balado que cando a formación nacionalista entrou no goberno local, a débeda bancaria rondaba os 12 millóns de euros. “Pois ben”, dixo Villamar, “cando remate o presente ano estará xa por baixo dos dous millóns. Creo que é unha boa noticia, e máis se vai acompañada de decisións, como a do último modificado de crédito, de investimentos por valor de 2,5 millóns de euros”.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …

Un comentario

  1. Poco autoridad tiene el Sr. Villamar para hablar de cuentas cuando al Concello de Narón le «sobraron» 3 millones de euros en 2015 y más de 1,5 millones en 2016. Una de dos: o lo hacen a propósito para pagar las deudas bancarias que tiene el Concello (de más de 6 millones de euros aún) o no saben gestionar y, con la de necesidades que hay (en lo social, en baches, en iluminación, en limpieza) les queda el dinero sin gastar por desidia y mala planificación. Por cierto… ¿qué hay de los presupuestos de 2018? ¿Tocarán en junio por vía de urgencia, como pasó con los de 2017?