A Casa da Cultura acolle este mércores “D.E.P.”, unha comedia de morte

Cartel da película – Concello de Valdoviño

No marco da programación deseñada polo Concello de Valdoviño en torno ó Samaín, a Casa da Cultura do municipio acollerá este mércores, 1 de novembro, a comedia “D.E.P.” a cargo de producións MalaSombra. Dará comezo ás 19 horas.

Interpretada por Jouse García e Xoque Carbajal, trátase dunha trepidente comedia de morte na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais. Un espectáculo con entrada libre e de balde ata completar aforo, incluído na Rede Cultural da Deputación.

Lea también

El pintor Carlos Barcón presenta «A son do mar», en el Hotel Virxe da Cerca de Santiago

El miércoles 23 de septiembre a las 19:30 horas se inaugurará la exposición «A son …