Ferrol pon os pasos de peóns contra a violencia de xénero

Os operarios empezando co pintado – Concello de Ferrol

A primeira hora desta mañá, a cuadrilla municipal de Obras, nunha acción coordinada e transversal desde a Concellería de Benestar Social, iniciaba o pintado das frases contra a violencia de xénero nos pasos de peóns do noso municipio co ánimo de feminizar espazos públicos, chamar a atención dos veciños desde as propias rúas coa vontade de sensibilizar e crear conciencia contra a violencia machista, unha lacra eterna e silenciosa que segue a cobrarse vidas de mulleres (e nenos) nun goteo insoportable, infame e intolerable como sociedade.

O primeiro paso seleccionado para iniciar este proxecto foi na Praza de Galicia, ao pé do Teatro Jofre, fronte o edificio de Correos. O segundo, na intersección da rúa Galiano coa Praza de Armas. «Consiste en feminizar as obras e espazos peonís da cidade con frases de autoras feminista e da campaña Ferrol en Negro contra a violencia machista«, manifestou a concelleira, Saínza Ruiz, «para concienciar a sociedade, en particular a nosa cidade, da loita contra o machismo«.

En total, son 19 frases -recopiladas na Marcha Sufraxista, na Marcha Mundial das Mulleres e no marco da campaña Ferrol en Negro- para ‘feminizar’ 56 pasos de peóns propostos e seleccionados pola súa visibilidade, localización e o tránsito diario, pensando en acadar o maior número de impactos visuais particularmente entre a xentes moza.

De feito, entre os pasos de peóns que lucirán un novo aspecto, están os situados os próximos aos colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIPS), así como os centros de Secundaria (IES), os mercados municipais, prazas, acceso a Universidade (Esteiro e Serantes), porta de Navantia, e comedores sénior do Concello.

Esta iniciativa, que xa fora presentada na praza de Armas o 29 de setembro, por parte dos concelleiros de Obras e Benestar Social, xunto cos representantes do resto de grupos do arco municipal, obtivo o apoio unánime no pleno municipal.

Os traballos, que comezaron esta mañá, rematarán previsiblemente antes do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A concelleira de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, participará a semana vindeira en Bruxelas nunha presentación colectiva da campaña En negro contra as violencias, xunto con outros concellos galegos, convidados polo Parlamento europeo.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …

2 comentarios

  1. Los pasos de cebra ni se ven por falta de pintura…..:..y. Pintan bastos para ue leamos……si lo que tenemos que hacer es mirar para no caernos en los baches y las losas semilevantadas,¿Por qué no pintan el diario del dia en. El suelo? Hace falta ser bien inútiles y fatuos!

  2. De acuerdo con Juán Velasco… Da igual que en la zona rural se coman las carreteras las hierbas y maleza, los baches y adoquines que nos revientan los coches y pasos de peatones y señales que no se ven…. El caso es ser progres… Arreglen las calles q para pintar murales y la mona ya está Basterrechea….
    Si usaran nuestro dinero en lo que lo tienen que usar…