O BNG pídelle ao portavoz do PP máis seriedade a respecto de Cosma

O portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón, Pablo Villamar, quixo saír ao paso das declaracións do seu homólogo do Partido Popular, Marcos López Balado, nas que acusa ao goberno local de non querer baixar o recibo da auga. Villamar pediulle a Balado “máis seriedade e rigorosidade” nos seus plantexamentos e explicou que o PP “non presentou ningunha alegación para a baixada das taxas das ordenanzas 8 e 9. Si que rexistrou a última hora unha ocorrencia carente de todo sentido, un brinde ao sol que non hai por onde collelo”.

Así, o portavoz nacionalista lembroulle a López Balado que a normativa actual impide que os beneficios das empresas como Cosma poidan empregarse para reducir o custe do recibo, condición que, dixo Villamar, o voceiro do PP “debería coñecer xa a estas alturas”. Nesa liña, o concelleiro do BNG apuntou que as ganancias de Cosma só poden destinarse a repartición de dividendos, cousa que non se fai desde hai anos, ou a reservas da propia empresa, que é onde van parar nos últimos exercicios e que teñen permitido a habilitación dun investimento de dous millóns de euros para reforzar as redes de abastecemento e saneamento da zona urbana e ampliar as da zona rural.

Villamar sinalou que o último ano que Cosma repartiu beneficios foi o correspondente a 2009. Desde entón, esas cantidades destináronse ás reservas da empresa. En ningún dos consellos de administración nos que se aprobaron as contas anuais o representante do Partido Popular puxo pega ningunha á proposta de reverter o resultado na sociedade. “Non hai que esquecer que, como conselleiro de Cosma, calquera proposta debeu tela manifestado no propio consello de administración, cousa que non fixo”. “É máis”, puntualizou Villamar, “aos consellos correspondentes aos exercicios de 2014 e 2016 (en marzo de 2015 e 2017, respectivamente) o representante do PP nin tan sequera asistiu”.Non se pode facer unha proposta sobre a repartición duns beneficios que xa foron aplicados e unhas contas que xa foron aprobadas e rexistradas”, engadiu o voceiro nacionalista. O concelleiro do BNG lembrou tamén que as tarifas de abastecemento e saneamento non soben desde o ano 2013.

Por outra parte, Villamar indicou que no pleno deste xoves se aprobaron as ordenanzas fiscais coa conxelación xeral das taxas municipais e a redución do coeficiente do IBI en tres puntos, do 0,65 deste ano ao 0,62 para 2018. “Cando gobernaba o PP -2007-2010- o coeficiente estaba no 0,67. Esa é a realidade. Non hai máis”, dixo

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

2 comentarios

  1. Yo pagaba 250 euros en 2008 y pago ahora 462. Este señor del BNG no dice la verdad.

  2. Desde 2008 hubo dos elecciones municipales y los vecinos de Narón no son tontos, aunque algunos piensen lo contrario, por eso unos están en el gobierno y otros en la oposición; lo demás son predicamentos…