Exposición en Fene dos traballos do IV Certame «En Galego? É o noso!»

Exposición do traballos – Concello de Fene

A Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé acolle dende hoxe unha mostra cos traballos presentados polos escolares de Fene ao IV Certame de Creación Artística “En galego? É o noso!”. O concurso, convocado pola Concellería de Cultura de Fene e polos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino, reuniu na súa última edición ao redor de corenta composicións plásticas.

Os traballos amósanse no corredor do primeiro andar da Casa da Cultura, na cristaleira que da acceso á Biblioteca Municipal de Fene e permanecerán alí até finais do mes de novembro. O horario de visitas é: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

O certame de Creación Artística “En galego? É o noso!” é un dos concursos escolares que o Concello de Fene organiza anualmente ao redor da celebración do Día das Letras Galegas. Dirixido ao alumnado dos centros educativos do Concello de Fene (dende Infantil a Bacharelato ou Ciclos Formativos), o certame propón a elaboración de composicións plásticas orixinais a partir dunha serie de poemas de autores/as contemporáneos/as. Os traballos poden ser de debuxo, pintura, colaxe, fotografía ou, no caso dos alumnos/as de 2º ciclo da ESO, Bacharelato ou ciclos formativos, tamén se poden presentar en distintos soportes relacionados coas TIC.

Os centros que enviaron traballos ao IV Certame de Creación Artística recibirán, en concepto de axuda á participación, vales para adquisición de material escolar cuxa contía depende do número de alumnos/as do centro.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …